Aberto o prazo de axudas complementarias do Erasmus + para estudantes de arte

Os beneficiados recibirán bolsas de ata case 200 mensuais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abre este venres o prazo de solicitude das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa Erasmus+ para o alumnado que cursa ensinos artísticos superiores en centros públicos de Galicia, ás que destina un orzamento de 40.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia publica esta convocatoria, da que se poden beneficiar todos os estudantes galegos que tivesen dereito este curso ás axudas europeas. Os beneficiados percibirán bolsas que oscilan entre os 125 e os 195 euros ao mes, en función do país de destino, durante unha estadía que pode estenderse desde os dous ao nove meses

O obxectivo desta convocatoria é facilitar a mobilidade do alumnado dos ensinos artísticos, promovendo que adquiran experiencias formativas enriquecedoras en países diferentes do de orixe. En concreto, o importe será de 195 euros/mes para os países de destino do grupo 1 (Dinamarca, Finlandia, Islandia, Irlanda, Luxemburgo, Suecia, Reino Unido, Liechtenstein e Noruega), de 165 euros/mes para os do grupo 2 (Austria, Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Chipre, Países Baixos, Malta e Portugal) e de 125 euros/mes para os do grupo 3 (Bulgaria, Croacia, República Checa, Estonia, Letonia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, República de Macedonia do Norte e Turquía).

Unha vez distribuída a contía en función dos grupos, o orzamento restante adxudicaríase aos solicitantes que posúan unha maior media no seu expediente académico, a quen se lles asignará unha contía uniforme de 500 euros ata esgotar o montante. A solicitude da axuda deberá realizarse obrigatoriamente por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta, e o prazo estará aberto ata o 7 de xuño.

Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Estudantes realizan os exames de Selectividade este ano.. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta