Concentración pedindo a permanencia do persoal de servizos auxiliares de Renfe en Santiago

Ducias de persoas protestaron nas escaleiras da terminal santiaguesa para reivindicar a subrogación dos traballadores afectados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2021 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Santiago acolleu este venres unha mobilización para esixir a continuidade de todo o persoal de servizos auxiliares e de atención ao cliente de Renfe.

O sector ferroviario d CC.OO. e CGT participaron na concentración, ante a estación de tren compostelá, para esixir o mantemento do emprego nun servizo que na actualidade prestan empresas privadas.

Ducias de persoas protestaron nas escaleiras da terminal santiaguesa para reivindicar a subrogación dos traballadores afectados.

"Desde que o grupo Renfe anunciou a posibilidade de asumir os traballos de servizos en terra e servizos auxiliares e de atención ao cliente a través da súa filial LogiRAIL, CC.OO. non deixou de esixir que o proceso garantise os postos de traballo e as condicións laborais apostando polo emprego público sempre que non implique precarización", subliña esta central.

Concentración este venres ante a estación de Santiago. CCOO
Concentración este venres ante a estación de Santiago. CCOO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta