A Xunta quere "pechar canto antes" un pacto de Estado por Ferrolterra

O Goberno galego remitirá a próxima semana aos concellos, á Deputación da Coruña e ao Executivo central as medidas nas que traballa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/05/2021 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Goberno galego remitirá a próxima semana aos concellos, á Deputación da Coruña e ao Executivo central as medidas nas que traballa, co foco en converter Ferrolterra nun polo enerxético que favoreza a súa recuperación económica, para tratar de poder pechar "canto antes" o pacto de Estado por Ferrol que puxo sobre a mesa a semana pasada.

Reunión semanal do Consello da Xunta
Reunión semanal do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZÓN - XUNTA.

Desde entón, representantes da Xunta mantiveron contactos con axentes implicados para avanzar en perfilar unha proposta cuxo contido detallaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente económico, Francisco Conde.

"Confiamos en que poderemos dar entre todos unha resposta para que a comarca poida saír fortalecida desta crise", aseverou Conde, quen garantiu que as medidas terán unha memoria económica que se axustará a unha dimensión temporal de catro anos.

"Haberá un compromiso por parte da Xunta e pediremos ese mesmo compromiso orzamentario ao resto de administracións", trasladou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta