O "Día da Ciencia" encherá o Teatro Colón da Coruña con actividades e experimentos do alumnado de varios centros

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou a importancia de dar continuidade á festa da ciencia nunha nova edición adaptada ás circunstancias sanitarias.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/05/2021 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O escenario do Teatro Colón acollerá este sábado, día 8, ao alumnado de 17 centros escolares da Coruña, Betanzos, Cambre e Culleredo que presentarán actividades e experimentos científicos ante o alumnado e profesorado participante.

As presentacións de cada centro iranse sucedendo de forma individual sobre o escenario, en tres bloques temporais que van de 09,45 a 12,00 horas, de 12,30 a 14,30, e de 16,30 a 19,00 horas, informa o consistorio coruñés.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou a importancia de dar continuidade á festa da ciencia nunha nova edición adaptada ás circunstancias sanitarias.

"Trátase dunha cita obrigada no calendario da cidade e máis aínda cando a actualidade confirman que non podemos deixar de lado a investigación e a divulgación científica e que as administracións deben impulsar a ciencia desde a escola".

A Semana da Ciencia. XUNTA - Arquivo
A Semana da Ciencia. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta