Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 15:44
Máis de 64.000 galegos descargaron xa o Bono Activa Comercio posto en marcha pola Xunta de Galicia, e ao que se adheriron ao redor de 4.100 establecementos.
Diso informou a Consellería de Economía, Empresa e Innovación nun comunicado remitido aos medios, no que lembra que este bono funciona a través dunha aplicación móbil e ofrece aos usuarios descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores aos 30 euros, e descontos de 10 euros se as compras son iguais ou superiores aos 50 euros.
A iniciativa forma parte do plan de medidas específicas de apoio ao comercio galego, e foi deseñada en colaboración coa Federación Galega de Comercio. O orzamento de dez millóns de euros repártese en bonos de desconto de 30 euros.
Desde a consellería aseguran que medidas como o Bono Activa Comercio pretenden que "os galegos e galegas elixan o comercio de proximidade cando buscan confianza, calidade e un trato personalizado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.