Máis de 5.000 persoas chamadas en Cambados e Betanzos para cribados entre este luns e este martes

Os cribados poboacionais efectuados con PCR este xoves no pavillón municipal de Vilanova de Arousa permitiron detectar dous casos de covid-1.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 08/05/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

O Sergas realizará cribados a 5.600 persoas en Cambados e Betanzos  entre este luns e este martes para detectar casos positivos por covid-19 que non presenten sintomatoloxía.

Segundo detallaron fontes do Sergas, citarase mediante SMS a unhas 4.400 persoas de entre 20 e 48 anos de Betanzos para realizarse probas PCR o pavillón polideportivo situado na avenida do Carregal entre este luns e este martes.

Ademais, realizarase un cribado con PCR con mostra nasofaríngea a 1.200 persoas de entre 30 e 39 anos con cartón sanitario asociada ao centro de saúde de Cambados no Salón de Congresos e Exposicións José Pena da localidade durante este luns e este martes.

Para levar a cabo este cribado contarase con dous equipos de enfermaría por quenda. Posteriormente, o procesado das mostras realizarase no laboratorio de Microbioloxía da área sanitaria e os resultados comunicaranse á poboación por SMS ou por teléfono.

Por outra banda, os cribados poboacionais efectuados con PCR este xoves no pavillón municipal de Vilanova de Arousa permitiron detectar dous casos de covid-19. En concreto, o Sergas convocara a 1.598 persoas de entre 50 e 64 anos dese municipio e, finalmente, asistiron 991 cidadáns, o que representa unha participación do 62,02 por cento.

Arquivo - Dispositivo de cribado masivo no Instituto Feiral de Vigo, en Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Dispositivo de cribado masivo no Instituto Feiral de Vigo, en Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta