Comezan os contactos para profundar no diálogo social cun encontro entre o delegado do Goberno e os sindicatos

José Miñones tamén lles transmitiu os pasos que dá o Goberno para "modernizar" o mercado de traballo, o cal é "clave" para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, arrincou esta semana unha rolda de con os responsables dos principais sindicatos de Galicia co obxectivo de profundar no diálogo social e coñecer a súa opinión sobre as reformas e medidas laborais adoptadas polo Executivo de Pedro Sánchez e a súa implantación en Galicia.

En días pasados, segundo informa a Delegación do Goberno, Miñones mantivo senllos encontros co secretario xeral de CC.OO. en Galicia, Ramón Sarmiento; co secretario xeral da CIG, Paulo Carril; e co responsable de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García. A previsión é que continúen as reunións nos próximos días con máis organizacións xerais e sectoriais.

Nestes encontros, o delegado transmitiulles o compromiso do Executivo central para que a saída da crise da covid sexa "xusta, social, inclusiva e igualitaria". Para iso, mencionou medidas "sen precedentes" como os ERTE, as prestacións extraordinarias e outros subsidios e axudas.

José Miñones tamén lles transmitiu os pasos que dá o Goberno para "modernizar" o mercado de traballo, o cal é "clave" para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

No que respecta ao sector agrario, o delegado manifestou ao secretario xeral de Unións Agrarias a súa "confianza" en que a reforma da Política Agraria Común (PAC) sirva sirva como "consolidación" dun sector primario "moderno e competitivo" en Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese co secretario xeral da CIG, Paulo Carril.. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese co secretario xeral da CIG, Paulo Carril.. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta