O BNG pedirá a transferencia á Xunta de inmobles da Sareb para destinalos a vivenda social

A viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, presentou este sábado en Lugo o inicio da campaña de accións sociais e iniciativas que emprenderá a formación para protestar contra o cobro polo uso das estradas a nivel estatal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2021 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na Cámara para instar o Goberno estatal a transferir a Galicia os activos inmobiliarios da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) --o chamado 'banco malo-- coa finalidade de destinalos a vivenda social.

A través dun comunicado, a formación nacionalista apunta á "necesidade dun cambio" nas políticas que mobilicen o parque de vivendas baleiras, sobre todo tras a chegada da crise sanitaria e económica da covid-19.

Así, Rego defende a "intervención pública no mercado inmobiliario", porque na situación actual "é máis necesaria que nunca para garantir o acceso igualitario am a vivenda". Non en balde, dá o dato de que, en todo 2019, "só se construiron catro inmobles de protección autonómica", mentres que en 2020 os demandantes de vivenda eran case 15.000.

Mentres tanto, o deputado do Bloque sinala que hai "unha gran cantidade de chan e vivendas baleiras que pertencen, directa ou indirectamente, a entidades financeiras que recibiron inxentes cantidades de fondos públicos para o seu rescate", ademais de que "moitas outras están en mans da Sareb".

Por todo iso, o BNG demanda ao Estado que realice todos os trámites necesarios para transferir á Xunta as 2.735 vivendas en poder do 'banco malo', a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra. Isto permitiría construír "unha bolsa de vivenda pública" en Galicia para "facilitar o acceso á vivenda" á mocidade e a colectivos desfavorecidos.

ACCIÓNS CONTRA O COBRO DE ESTRADAS

Por outra banda, a viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, presentou este sábado en Lugo o inicio da campaña de accións sociais e iniciativas que emprenderá a formación para protestar contra o cobro polo uso das estradas a nivel estatal.

"No caso de Lugo, o Goberno non pode facer pagar aos veciños por unha serie de infraestruturas que en moitos casos non están acabadas e das que non existe unha alternativa na rede de transporte público", explicou.

Isto provoca que a provincia non conte "con comunicacións dignas" co resto de Galicia "nin por estrada nin por ferrocarril", polo que ve "unha burla" que o Goberno central pretenda "incentivar o uso do transporte público con esta medida".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 20 de abril de 2021, en Madrid, (España). No pleno de hoxe debateranse, entre outras, estas Proposicións de Lei: o plan de medidas e. EUROPA PRESS/J. Hellín. POOL - Europa Press / Europa Press
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados, a 20 de abril de 2021, en Madrid, (España). No pleno de hoxe debateranse, entre outras, estas Proposicións de Lei: o plan de medidas e. EUROPA PRESS/J. Hellín. POOL - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O BNG non se opuxo á licenza de construcción de vivendas en Rosalía Castro promovidas pola SAREB para construir vivendas para novos ricos en Vigo = https://flic.kr/p/2adsfta Mentras o Concello desaloxou aos okupas desta ruína que leva 10 anos presidindo a Gran Vía de Vigo ! https://flic.kr/p/2kMgivS Non sabiamos que o "banco malo" poidera seguir facendo negocios para encarecer aínda máis os prezos da vivenda en Vigo ?