Encontrados ilesos os tres homes que non regresaran de pescar na zona de Carnota

Tras ser localizada a embarcación e comprobar o estado dos seus ocupantes, a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira iniciaron unha investigación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2021 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O dispositivo de emerxencias localizaron a 20 millas da costa de Carnota unha embarcación con tres persoas a bordo, sas e a salvo, cuxa desaparición fora denunciada este sábado por un familiar.

Rescate en helicóptero. SALVAMENTO MARÍTIMO
Rescate en helicóptero. SALVAMENTO MARÍTIMO


Salvamento Marítimo informou esta tarde dun operativo de procura para localizar a tres persoas que saíron onte venres a pescar nunha planadora desde a zona do Pindo, en Carnota e que non regresaran.

Tras ser localizada a embarcación e comprobar o estado dos seus ocupantes, a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira iniciaron unha investigación, informan fontes coñecedoras do caso, que sinalan que, de momento, os homes non están detidos, aínda que non poden revelar a causa da investigación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta