Xulgan un home por enganar a unha muller para acceder ao seu domicilio e agredila sexualmente

A Fiscalía engade que o acusado deulle fortes golpes á vítima, á que golpeou a cabeza contra o chan. Posteriormente, transcorridos un dez minutos, levantouse e foise.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2021 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o martes, día 11, a un home acusado de agredir sexualmente a unha muller á que enganou para acceder ao seu domicilio, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ls Fiscalía, que solicita doce anos de cárcere, sostén que en setembro de 2018 o home enganou á vítima facéndose pasar por unha veciña para poder entrar no seu domicilio.

No seu escrito de cualificación dos feitos, explica que, ao abrirlle a porta, abalanzouse sobre a muller, empurrouna e agrediuna sexualmente, sen chegar a quitar a roupa.

Tamén sinala que propinou fortes golpes á vítima, á que golpeou a cabeza contra o chan. Posteriormente, transcorridos un dez minutos, levantouse e foise.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta