O conselleiro de Sanidade ve "lamentables" as celebracións masivas tras o estado de alarma

Di que "aínda que en Galicia non houbo demasiadas celebracións", a situación preocupa porque poden producirse novas repuntas

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/05/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia,  Juio García Comesaña, cualificou de "lamentables e preocupantes" as concentracións masivas de persoas en diferentes partes de España tras o fin do estado de alarma.

Durante a súa participación no Almorzo Socio-Sanitario organizado por Europa Press, García Comensaña recoñeceu que en Galicia non se produciron "demasiadas celebracións", aínda que recoñeceu que lle "preocupan profundamente" as imaxes que se viron noutras zonas de España.

E é que, tal e como lembrou, demostrouse que a mobilidade e o contacto social aumentan o risco de contaxio de Covid-19, como se observou tanto despois das festas de Nadal como de Semana Santa. "Hai a posibilidade de que haxa unha repunta de casos e ninguén quere que iso se produza, aínda que vai ser difícil", dixo.

Finalmente, o conselleiro galego avisou de que a pandemia do coronavirus "non acabou" xa que segue centrando os esforzos de todos os profesionais sanitarios e segue "condicionando" os plans a medio e longo prazo.

Cidadáns na terraza dun bar de Lugo
Cidadáns na terraza dun bar de Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

NON DESCARTA MEDIDAS ADICIONAIS

En relación a esta mesma cuestión, García Comesaña dixo que a Xunta non descarta manter "algunha reunión" coa Delegación do Goberno e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para "pór algunha medida" adicional o próximo fin de semana, que disuada deste tipo de actitudes. 

O conselleiro foi tallante lembrando que reunións como os botellóns son "ilegais en Galicia", dado que xa estaban prohibidos antes da pandemia e están tamén incluídos na reforma da lei de Saúde. Do mesmo xeito, lembrou que no decreto de medidas galego se inclúe a prohibición de reunións entre persoas non conviventes entre a 1 da madrugada e as 6,00 horas, co obxectivo de que as festas "non se trasladen aos domicilios particulares".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta