Case 50 accidentes na fin de semana do fin do estado de alarma.

O 061 tivo que atender a 61 persoas. O domingo foi a xornada con máis sinistros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 61 persoas debido a 49 accidentes de tráfico rexistrados a pasada fin de semana na rede viaria galega. O domingo, con 21 incidentes, foi a xornada con máis sinistros.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre ás 15,00 horas do venres 7 de maio e ás 23,59 horas do domingo 59 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 66. En concreto, as ambulancias realizaron 56 atencións; dúas asistencias foron prestadas por helicóptero medicalizado e os equipos sanitarios de Atención Primaria acudiron a oito accidentes.

En 52 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasiones recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado. A proporción de homes atendidos ascendeu ao 60 por cento e a de mulleres reduciuse ao 40%. En canto ás idades dos feridos, o 33% dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Por provincias, a de Pontevedra rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da pasada fin de semana, con 20; seguida da Coruña, con 18; Lugo, con oito; e Ourense, con tres.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta