Bugallo tamén ve probables os concertos con 10.000 persoas no Monte do Gozo para o verán

Urxe coñecer a normativa autonómica que vai rexer para organizar as festas do Apóstolo, e agradece o comportamento dos composteláns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2021 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, non ve "esaxerado" que se poidan facer concertos con 10.000 persoas sentadas no Monte do Gozo este verán. Así se expresou despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se referise, o pasado domingo nunha entrevista na Radio Galega, a esta posibilidade. En rolda de prensa este luns, Sánchez Bugallo sinalou que ve as palabras de Feijóo como un "desexo" que "se irá matizando co tempo". Remarca, ademais, que a situación no verán en xuño non será a mesma que en setembro polo avance da vacinación.

"Non me parece unha cifra esaxerada", razoa o rexedor compostelán, xa que o Monte do Gozo ten capacidade para unhas 43.000 persoas, polo que significaría ocupar unha de cada catro prazas. Iso si, aclara que nas prazas da Quintana e Obradoiro "seguro que non" se pode facer un evento con 10.000 persoas, "tampouco teñen que ser 700 como nas festas da Ascensión", calcula que poderían estar entre os 2.000 e 3.000 asistentes nestes espazos.

Agora están pendentes das limitacións e aforamentos que fixará a Xunta para as festas do Apóstolo, dado que segue vigor o estado de emerxencia sanitaria, que "non se levantou", nin ve "trazas" de que se vaia quitar. De tal forma, o alcalde aprema ao Goberno galego a que "saque pronto" a normativa que rexerá en xullo para poder organizar as festas, posto que existe unha "incerteza moi grande". E é que explica que o concurso de postos para a Alameda require un tempo, e están xa "fóra de prazo".

AGRADECE O COMPORTAMENTO DOS COMPOSTELÁNS

Paralelamente, Sánchez Bugallo felicitou e agradeceu a "todos os composteláns" o seu comportamento do pasado fin de semana, no que se levantou o estado de alarma. "Probablemente a posibilidade dos exames axudou, pero tivemos menos problemas dos que cabería pensar", explicou o alcalde. Apunta que se realizou un dispositivo especial da Policía Local. "Tivo bastante menos traballo do que nos temiamos", o que valora como "unha magnífica noticia.

Monte do Gozo
Monte do Gozo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta