Turismo presenta Fevir, unha ferramenta pioneira para a celebración de eventos e feiras en modo virtual

Con esta ferramenta poderase asistir a exposicións, manter contacto de negocios ou acceder a información sobre as empresas e as súas ofertas.

Por E.P. | VIGO | 10/05/2021 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O Clúster de Turismo de Galicia presentou este luns en Vigo a aplicación de realidade virtual Fevir, unha ferramenta dixital pioneira que permite a organización de feiras, congresos e eventos en modo virtual, e supón un avance na "transformación e adaptación dixital" do sector. Así o sinalou o presidente do Clúster, Cesáreo Pardal.

Pardal explicou que esta nova aplicación permite consolidar a Galicia como "destino seguro, intelixente e sustentable", que son precisamente os eixos do Plan Director do sector para 2021-2023, achegando a clientes e empresas nunha contorna virtual onde non só se poderá asistir a eventos, senón tamén manter contactos de negocios e acceder a información sobre as empresas e as súas ofertas.

As persoas que usan Fevir crean o seu propio 'avatar' co que poden moverse por un escenario virtual para visitar casetas, escoitar conferencias ou manter encontros privados con clientes e empresas. Para mellorar a experiencia, segundo explicou o CEO de Kendra (empresa creadora de Fevir), Javier Davila, introducíronse elementos como as imaxes 360º, a posibilidade de videoconferencia, son que se activa pola proximidade con outros interlocutores, etc.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal; xunto a Marta Fernández-Tapias e Javier Davila na presentación da ferramenta dixital Fevir.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal; xunto a Marta Fernández-Tapias e Javier Davila na presentación da ferramenta dixital Fevir. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta