As axudas da Deputación da Coruña para a hostalaría e axencias de viaxe a Santiago, Ferrol e A Coruña

O presidente provincial, Valentín González Formoso, di que así se atende unha "petición" dos alcaldes e alcaldesa para atender as demandas dun sector do que dixo que levou "a peor parte".

Por E.P. | A CORUÑA | 10/05/2021 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña estenderá as axudas do seu programa PEL Reactiva 2 aos negocios de hostalaría, hotelería e axencias de viaxe da cidade herculina e as de Santiago e Ferrol. As mesmas poderanse solicitar a partir do 24 de maio.

Así o informou o presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, nunha comparecencia ante os medios de comunicación xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e os rexedores de Santiago e Ferrol, Xosé Sánchez Bugallo e Ángel Mato, respectivamente, tras unha reunión previa con eles.

Formoso asegurou que, con iso, aténdese a unha "petición" dos alcaldes e alcaldesa para atender as demandas dun sector do que dixo que levou "a peor parte" polos efectos da pandemia desde o punto de vista económico.

"Incorporaranse as cidades a esta liña de nove millóns de euros que serán pagadas nun mínimo de sete horas e un máximo de tres días e medio, o que é revolucionario na administración", apuntou.

A alcaldesa herculina e os alcaldes agradeceron o apoio do organismo provincial e instaron á Xunta a "tomar boa nota e exemplo do que se fai noutras administracións". Ademais, Inés Rey lembrou, como o rexedor de Santiago, que estas axudas complementan ás dos propios consistorios.

"Estamos a dar resposta a un tempo real ás demandas da sociedade", incidiu. Pola súa banda, o de Ferrol, Ángel Mato, apelou tamén á Xunta a tomar "nota". "Todos temos a obrigación de mellorar e facer país, as axudas teñen que chegar ao momento", insistiu pondo como exemplo á institución provincial.

As axudas, de 1.500 euros, están xestionadas directamente pola Deputación da Coruña e son compatibles con outras administracións. Na primeira semana de funcionamento do Plan Reactiva 2, o organismo provincial abonou case un millón de euros en axudas.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, expón o plan de axudas para a hostalaría e outros sectores da Coruña, Santiago e Ferrol xunto cos alcaldes deste tres localidades. MONCHO FONTES
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, expón o plan de axudas para a hostalaría e outros sectores da Coruña, Santiago e Ferrol xunto cos alcaldes deste tres localidades. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

AXUDAS HOSTALARÍA SANTIAGO

As axudas aos sectores da hospedaxe, restauración e turismo, incluídas no Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago, poden solicitarse desde as 9,00 horas deste martes, 11 de maio, e ata o próximo día 25, segundo recollen as bases publicadas no BOP.

Estas axudas, que contan cun orzamento de 1.747.105 euros, beneficiarán a persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens que realicen actividades de hostalaría, restauración ou turiso, que teñan a súa sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela, que no primeiro trimestre do ano 2021 sufrisen unha baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto ao primeiro trimestre do ano 2020, e que non se atopasen en crise a data 31 de decembro de 2019.

O importe da axuda será de 2.500 euros para unha baixada da facturacion de entre o 20% e o 30%; de 3.000 euros para unha baixada da facturación superior ao 30% e ata o 60%; e de 4.000 euros para unha baixada superior ao 60%. Para o caso de salas de baile, discotecas e similares, o importe da contía por persoa beneficiaria será de 5.000 euros, independentemente da súa facturación. Estas contías incrementaranse con 1.000 euros adicionais por cada centro de actividade adicional ao principal que teña a empresa no Concello de Santiago, cun límite de 2.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta