Electrocutado un operario da liña do AVE en Laza

O traballador, de 26 anos, foi trasladado ao Hospital de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/05/2021 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Un traballador de 26 anos das obras do AVE foi trasladado na madrugada deste martes despois de sufrir unha forte descarga eléctrica no concello ourensán de Laza.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 4,00 horas o servizo de emerxencias recibiu a chamada de varios particulares para solicitar asistencia médica para un compañeiro que acababa de electrocutarse cun transformador nas obras da liña ferroviaria de alta velocidade.

Durante as chamadas, as persoas confirmáronlle aos operadores do CIAE-112 que se atopaban no lugar de Alberqueira, no interior do túnel de Prado e que o traballador afectado estaba consciente.

Por iso, o CIAE-112 informou os servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil, aos membros de Protección Civil da localidade e ao persoal de seguridade de Adif.

Finalmente, o persoal de Urxencias Sanitarias confirmoulle ao 112 Galicia que o traballador foi trasladado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Túnel de Cerdedelo (Ourense). ADIF
Túnel de Cerdedelo (Ourense). ADIF

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta