(Vídeo) Un concello, no punto de mira ecoloxista por limpar "irregularmente" as súas praias

"O Concello só retirou o lixo máis voluminoso e disimulou o resto entre a area", aseguran dende Ecoloxistas en Acción.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción Galiza vén de denunciar a “mala xestión” do Concello de Miño respecto ao tratamento dos residuos retirados na limpeza das súas praias, entre as cales se contan algunhas das máis concorridas da área de Betanzos e A Coruña. A chamada de atención da organización ecoloxista chega escasas semanas despois de que saltara a noticia de que o consistorio en cuestión estaría a deixar o lixo retirado dos seus areais nunha parcela de monte municipal que supostamente estaría inmersa nun proceso de deseucaliptización.

Praia Grande de Miño.
Praia Grande de Miño.

Unha vez se coñeceu a nova, explican dende a plataforma, o consistorio procedeu a unha limpeza “apresurada e moi deficiente” da parcela en cuestión que non contenta á formación ecoloxista. Esta, de feito, asegura que o tratamento outorgado por Miño ao lixo dos seus areais “non cumpre coa lexislación” vixente en cuestión.

Segundo apuntan dende a formación, a limpeza destes residuos que ata hai poucos estaban “abandonados e amontoados” na parcela municipal teríase realizado tan só cos entullos de maior tamaño, mentres que os menos voluminosos quedaron ocultos trala area extraída das praias. “O Concello só retirou o lixo máis voluminoso e para disimular o resto estendeu ao ancho da parcela infinidade de pequenos lixos como redes, calzado, plásticos, botellas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta