Patrimonio asegura que os Franco non entregaron a documentación para retirar os BIC de Meirás

Trataríase dun requisito obrigatorio para poder extraer as estatuas do Mestre Mateo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia requiriu á familia Franco que presente documentación adicional para tramitar a súa solicitude de traslado referida ás estatuas do Mestre Mateo, situadas actualmente nas Torres de Meirás, dada a súa consideración como Ben de Interese Cultural (BIC). Esta información é tamén un requisito obrigatorio no caso da Biblioteca de Emilia Pardo Bazán, lembra a Consellería de Cultura, Educación e Universidades.

En concreto, explica que a Dirección Xeral de Patrimonio, como departamento autonómico con competencias nesta materia, lembrou aos solicitantes que tanto as esculturas de Abraham e Isaac como a colección bibliográfica da escritora contan "con máximo nivel de protección da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia".

"Por tanto, para valorar a petición de traslado recibida é precisa unha documentación detallada que polo de agora non se achegou", explica a Administración autonómica que aclara que os interesados dispoñen dun prazo de dez días para facelo. Concretamente, sinala, a información requirida debe ser incluída nunha solicitude que especifique aspectos como condicións de conservación, seguridade e protección, "imprescindible ante un ben con esta consideración".

PRAZO DE RESOLUCIÓN

"Mentres tanto, os bens deberán continuar no interior das Torres de Meirás ata que a Administración autonómica se pronuncie para o que dispón de tres meses", remarca a Consellería a este respecto e despois de que a Audiencia Provincial da Coruña revogase o depósito temporal dos bens a favor do Estado e admitise a demanda da familia do ditador para a súa devolución a esta parte.

Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Fachada do Pazo de Meirás, ata agora propiedade da familia Franco. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta