Os traballadores de Alcoa, de novo ás portas da folga

Culpan o Goberno central do "atraso" nas negociacións.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 11/05/2021 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Os traballadores de Alcoa Cervo (Lugo) están chamados á folga a partir deste xoves en caso de non haber ningunha novidade ata entón na negociación para a venda da planta de San Cibrao a través da SEPI (Sociedade estatal de participacións industriais).

O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, acompañado nunha rolda de prensa en San Cibrao, en Cervo, Lugo, a 9 de novembro de 2020
O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, acompañado nunha rolda de prensa en San Cibrao, en Cervo, Lugo, a 9 de novembro de 2020 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, culpou este martes á titular de Industria, Reyes Maroto, do "atraso" nas negociacións e asegurou que a día de hoxe o único que saben é que "a ministra contactou con Alcoa", apremando a que se chegue "ao acordo do 27 de setembro (de 2020) e comeze a negociación co comprador e a SEPI facilite esa negociación".

O sindicalista de Comisións Obreiras lembrou que "mañá --por este mércores-- é o último día", do prazo marcado ata o 12 polos traballadores para retomar a folga se non se producen avances. De ser así, o paro retomaríase o xoves, concluída a semana de prórroga que deron ás partes.

"Esperemos que a ministra cumpra cos seus compromisos e cumpra coa súa palabra e dunha vez por todas xa se desbloquee esta situación", reivindicou Zan.

Reiterando que o grupo británico Liberty segue "interesado" na compra da planta mariñá, subliñou que esa "é a única oferta clara". "E habendo unha empresa e habendo uns plans enerxéticos, non entendemos por que se está atrasando todo isto por culpa da ministra", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta