Traballadoras da limpeza saen á rúa en demanda dun convenio "digno"

Para este mércores día 12, na que será a terceira xornada de folga, está convocada unha manifestación que sairá ás 11,30 horas da rotonda de Rosalía de Castro con Mestre Mateo, en Santiago.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/05/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Traballadoras da limpeza da provincia da Coruña, chamadas este martes a unha nova xornada de folga, reclamaron un convenio "digno" fregona en man. Como xa ocorrera na anterior xornada de paros, a CIG denuncia que se decretaron uns servizos mínimos "abusivos" que "vulneran o dereito do persoal a facer uso da única ferramenta que lles deixa a patronal para defenderse dos seus abusos".

O portavoz do comité de folga, Paulo Rubido, apuntou que esta é unha loita "pola dignidade dun sector feminizado que reclama que o seu traballo sexa recoñecido socialmente e que se respecte o dereito a ter unhas condicións laborais, salariais e sociais aos máis de 10.000 traballadores, dos que 8.000 son mulleres".

As fregonas amarelas tomaron de novo as rúas nas primeiras horas da mañá con caravanas de coches que chegaron a colapsar polígonos industriais como o de Sabón e despois concentracións ante os centros comerciais do Corte Inglés, onde opera unha das empresas con máis peso da patronal Eulen.

Rubido criticou que compañías como esta "ben que se lucraron durante a pandemia ao ter que reforzar servizos de limpeza e desinfección de edificios e locais". Tamén reprobou que a Xunta "elude o papel de mediadora que debía ter e non escoita as lexítimas reclamacións destas traballadoras".

MARCHA

Para este mércores día 12, na que será a terceira xornada de folga, está convocada unha manifestación que sairá ás 11,30 horas da rotonda de Rosalía de Castro con Mestre Mateo, en Santiago.

Unha mobilización á que a CIG espera que se una o persoal de limpeza da universidade e da Xunta. Despois, o 3 de xuño, terá lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a vista polo conflito colectivo que presentaron para conseguir o plus de transporte, e esperan unha reunión con Presidencia para abordar esta cuestión.

Protesta de traballadoras da limpeza en folga. CIG
Protesta de traballadoras da limpeza en folga. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Raquel Comesaña

Mentres ao personal se limpeza se lle nega unha subida do 1%, os directivos empresariais seguen enchendo o seu peto. Como mostra, a nómina da secretaria xeral da Confederación de Empresarios da Coruña. Percibe emolumentos cercanos aos 10.000 euros mensuais, segundo desvelou no seu día o Tribunal de Contas,. Vergoña de país!!!