Por Galicia Confidencial | Ourense | 11/05/2021 | Actualizada ás 21:19
Unha morte notificada este martes polo Servizo Galego de Saúde elevou a 2.395 os falecementos por covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia, no primeiro trimestre do ano pasado.
O deceso, o primeiro rexistrado desde o pasado venres, produciuse o 10 e é o dunha muller de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Tiña patoloxías previas, indica a Xunta e fora vacinada coa primeira dose de Moderna.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.