Arco Iris denuncia unha talla masiva de 54 hectáreas de arboredo, con especies autóctonas, no concello de Curtis

"É unha nova atrocidade forestal", din sobre esta corta equivalente a 108 campos de fútbol.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/05/2021 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris denunciou unha talla de 54 hectáreas na parroquia de Foxado, no concello de Curtis, segundo informa nun comunicado no que sinala que se trata do equivalente "a 108 campos de fútbol".

A zona, explica, "albergaba unha masiva presenza de especies forestais autóctonas, hoxe reducidas a achas", sinala sobre uns feitos que, tras os estudos realizados, sitúa entre setembro e novembro do ano pasado.

Do que cualifica como "nova atrocidade forestal", indica que deu conta tanto ao Seprona como ao corpo de axentes forestais da Xunta.

Tamén explica que ata o momento "non foi posible obter información adicional acerca doutros pormenores da talla, situada á beira do río Mandeo". "Tanto a enorme extensión afectada como a proximidade a un dos últimos ríos salmoneiros de Galicia fai aínda máis grave o impacto ambiental causado a toda a zona", remarca.

Imaxes da superficie afectada por unha talla de árbores en Curtis (A Coruña). ARCO IRIS
Imaxes da superficie afectada por unha talla de árbores en Curtis (A Coruña). ARCO IRIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta