Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/05/2021 | Actualizada ás 20:57
Dúas mortes notificadas este mércores polo servizo galego de saúde elevaron a 2.397 os falecementos por covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia, no primeiro trimestre do ano pasado.
Os decesos son o dun home de 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o pasado 30 de abril e unha muller de 90, o 11 de maio, no mesmo centro médico.
Tiñan patoloxías previas, indica a Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.