Abanca descarta "peches masivos" de oficinas e aposta por un modelo mixto de banca presencial e online

"Houbo unha reordenación de oficinas para buscar unha maior eficacia pero non temos pensado peches masivos, nin redución de traballadores", manifestou.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/05/2021 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, asegurou este mércores que non ten previsto "peches masivos nin reducións" porque considera que xa teñen unha "rede eficiente" de oficinas que se ha ir transformando de forma progresiva, aínda que un 72 % dos seus clientes son dixitais.

Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo
Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. ABANCA - Arquivo

O máximo dirixente de Abanca apostou por un "modelo mixto" de banca, mantendo oficinas presenciais e incrementando o negocio da banca online. Neste sentido lembrou que o banco chega ao 98% do territorio galego, está presente en 274 concellos e en máis de 200 é a única entidade que existe. Con todo, recoñeceu que, durante a pandemia se disparou o uso da banca electrónica. "Houbo unha modificación de tendencias e se adiantou a tendencia ao uso da banca dixital en cinco anos", afirmou.

Por iso, insistiu en manter o modelo actual con banca presencial e banca online. "Houbo unha reordenación de oficinas para buscar unha maior eficacia pero non temos pensado peches masivos, nin redución de traballadores", manifestou. neste sentido, o conselleiro delegado, Francisco Botas, tamén insistiu en que durante este ano de crise "non houbo recortes salariais, nin recortes de plantillas". Con todo, recoñeceu que, na actual "situación adversa", o banco tenta buscar a "eficiencia".

ERTES E PRÉSTAMOS ICO

Por outra banda, Escotet destacou o "nivel de eficacia" dos préstamos ICO do Goberno para tentar manter a actividade empesarial. Neste sentido, destacou o sistema dos ERTE que, dixo, "axudaron especialmente a manter os empregos" e non houbo un incremento da mora. Con todo, tamén avisou dos problemas deste sistema xa que "hai números que preocupan".

CRISE

Sobre a crise, o máximo dirixente de Abanca destacou que Galicia ten "máis resilencia" que a economía española. Por iso, apuntou que o nivel de desemprego ou a déficit público é menor á media do estado, en parte, suliñou, "porque o peso das exportacións é dez puntos máis que o conxunto do Estado".

Ademais, atribuíu esta mellor situación económica de Galicia ao seus sectores emrpesariais basedos no sector da agricultura e da pesca, dun turismo "máis enfocado a sectores internos que externos" e ao peso do sector automobilístico. 

CRÉDITOS

Escotet presentou este xoves, xunto con Francisco Botas, o Plan de Acción de Banca Responsable e Sustentable do banco, que establece os obxectivos e a folla de ruta da entidade 2021-2024, co obxectivo de ser neutra en emisións ao final deste período.

Durante a rolda de prensa, informaron de que concederon 7.900 millóns de euros en créditos desde o inicio da crise pola pandemia e que o plan de sustentabilidade tamén suporá unha "inxente cantidade de recursos en créditos e a emisión de bonos verdes", afirmou o presidente de Abanca. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Abrasando aos usuarios a comsións teñen un futuro espléndido... Antes da pandemia a isto chamábase ROUBAR agora seica lle chaman Resiliencia !