Ás voltas co incidente dos carteis

Hoxe volvernnos comentar que hay máis informacións relacionadas co incidente dos carteis na Vicepresidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Por petición dos interesados retiramos certa información, aínda que confirmamos por otras fontes que na Vicepresidencia cren que existe unha campaña organizada por varios medios de comunicación coa axuda dalgúns departamentos socialistas da Xunta, principalmente o da Presidencia.

De feito, o acontecido polo cambio de carteis, tal e como xa avanzamos o outro día, fixo intervir ao propio Méndez Romeu e mesmo ao vicepresidente Quintana. Ambos os dous mantiveron unha conversa sobre este asunto que tensionou as relacións do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

29 El Pais S.A.

Vaia vaia leede hoxe El Pais, volve a censura?. Resulta que o amigo Losada pediu "copia autentificada" (páxina 32)de dúas das tertulias da Radio Galega nas que se falou do incidente dos leteririños da Vicepresidencia. Por certo alguén escoitou en informativos algo do tema?.

28 anxo

bo análise observador, e así mesmo. Por certo, e igual de soez e barriobaixeiro que un alto cargo lle diga a alguén que se meta letreiros no sexo masculino ou no femenino, o que pasa e que non existen os altos cargos, existen cargos nomeados por partidos parásito, sin categoría persoal nin profesional. Non e o único caso na parte de Xunta do bnga.

27 observador

O sr Losada non ten razón nin nas formas nin tampouco no fondo. En contra do que dí "desde el jergón, a actuación deste tipo non se axusta a razón.
1º Pasados varios meses dende a entrada no novo Goberno, os carteis indicativos das distintas consellerías seguía, en moitos lugares, coa mesma denominación que tiñan os departamentos do Goberno de Fraga.

2º A competencia administrativa sobre este tipo de materias é única e exclusivamente da consellería de Presidencia, que se limitou a actualizar a denominación que o Bipartito lle deu ás súas consellerías.

3º A vicepresidencia da Xunta non é tal, senón que é a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e así figura no D.O.G.

4ºConclusión: se a o sr. Losada non lle gusta o do Benestar e a Igualdade (este último xa se ve que non)que fale con Quintana para que llo diga a Touriño a ver se o cambian, pero que non actúe como un vulgar matón de barra americana nin como un palurdo subido a un taburete e rascando as letras de Igualdade e Benestar como se fose un pícaro cabreado porque o botaron da clase.

26 Torito

Perdoa "Maestra" cando me estou a referir a Mendez como "maestriño" e só, porque o tio vai de divo, vai sentando cátedra todo estiradoooo. Pero querome disculpar ante todolos maestros que se puderán ofender. Nunca tiven tal intención, somentes ridiculizar a este cretino que está nunha autonomía que non sei si nación, pero sí e histórica e iste señor sendo Secretario de Estado de Organización Territorial fartouse de devaluala. Os maestros de verdade son o motor da sociedade, porque teñen a responsabilidade de enseñar as novas xeneracions conviivir cos principios democráticos. De todos modos o "maestriño Méndez" fai moitoss anos quese esqueceu do maxisterio e lle mais doado vivir a conta da política. Para rematar direille un segredo: "para estar en política non fai falla nin saber ler nin escribir".

25 Paulo

Totalmente certo. Hai moi bos mestres en política, en troques os inspectores... vexan a Cacharro.
Sen entrarmos en cotilleos e anécdotas miúdas sobre as faltadas do tal Losada, é obvio que as maneiras chulescas o perden, e que talvez para Quintana chegou a hora de se desprender discretamente del. Ou é que non se atreve por medo á labazada que o tal Antón lle vai pegar? Non sei quen comentaba que San Paco Rodríguez, patrón dos estalinistas desamparados, debía intervir. Ao mellor é un xeito de manter un flanco débil do vicepresidente para que non se crea moito. Ou que no Bloque, no fondo, malia seren moi nacionalistas, cáeselles a baba cada vez que sae un tipo na tele española e na radio española. "Ese si que vale, e non os nosos que só valen para escreber n'A Nosa Terra". Comportamentos inconscientes dos colonizados. Ou ao mellor teñen medo de que Losada os surprenda, un a un, nun caleixón armado dun garrote vil...