Ás voltas co incidente dos carteis

Hoxe volvernnos comentar que hay máis informacións relacionadas co incidente dos carteis na Vicepresidencia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/02/2007 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Por petición dos interesados retiramos certa información, aínda que confirmamos por otras fontes que na Vicepresidencia cren que existe unha campaña organizada por varios medios de comunicación coa axuda dalgúns departamentos socialistas da Xunta, principalmente o da Presidencia.

De feito, o acontecido polo cambio de carteis, tal e como xa avanzamos o outro día, fixo intervir ao propio Méndez Romeu e mesmo ao vicepresidente Quintana. Ambos os dous mantiveron unha conversa sobre este asunto que tensionou as relacións do bipartito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

14 Xabier

Calquera que saiba como é Cosada chega á doada conclusión que todo o que se lle apón é verosímil e posíbel. É así: unha mestura de paifoco emperifollado e brután de aldea con aires de novo rico. Era así cos alumnos de CC. PP., con algún dos seus compañeiros en situación laboral inestábel aos que humillaba polo pracer de o facer -en perfecta compaña con outros mafiosiños que agora van noutros departamentos da Xunta-, e con calquera que se lle cruce polo camiño. E de galeguista, nada: dá clase en español, fala arreo en español, e rise a cachón da cultura galega. Un nacionalista decente e con tres dedos de fronte chegaría á conclusión de que un tipo así non lle fai ningún ben nin ao Bloque, nin a Quintana, nin ao prestixio das institucións. Póñanlle un uniforme e destíneno a vixiar montes, a ver se así desafoga.
E deixémonos de lerias: acaso a Vicepresidencia non é "de igualdade e do benestar"? POis así terá que ser o rótulo. Non hai cousas mellores das que ocuparse, Sr. Cosada?

13 airadasenra

Romeu buscou-lle as cóxegas a Losada e iste caiu coma un pardao. Losada&Romeu son as duas caras da mesma moeda.

12 rumble in the jungle

Eu só deixo unha pregunta no ar:se eu lle digo a un/unha policía "mete o cartel na cona", métenme unha denuncia e a porra polo cú. Como é o señorito, temos que falar que a culpa é de Méndez Romeu, do País e de Prisa é só se abren dilixencias... é unha vergoña, e os acólitos do BNG negando a evidencia e falando de conspiracións (algo que por outra parte me soa a outra época: conspiracións xudeomasónicas e da internacional socialista). Cada día o BNG paréceseme máis ao franquismo en formas e argumentos.

11 noné

Losada é un impresentabel. Iso está fora de toda dúbida.

Aseguralo nin é propio de xente do PSOE nin do PP. É propio de xente con sentido común.

É maniqueista ve-la man do "españolismo" detrás de todo do que non gostamos.

Eu son nacionalista, e de esquerdas, e non comulgo para nada con determinadas actitudes.

Polo demáis... se lle dixo a unha policía que metera o cartel na cona, tampouco me parece mal. Pareceríamo se llo dixera a un home, ou si lle dixera a unha muller co metera nos collóns.

Porque, seguramente, si ésto último llo dixera a un axente de sexo masculino non nos alporizaría tanto.

10 can

O que lle dixo foi: "mete ese cartel na cona".