O exsecretario de organización de C´s Galicia, Laureano Bermejo, abandona o partido

Seguirá como concelleiro en Ourense no grupo de non adscritos.

Por E.P. | OURENSE | 13/05/2021 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Laureano Bermejo, quen foi secretario de Organización de Ciudadanos Galicia, confirmou, a través das súas redes sociais, que abandona o partido laranxa, causando baixa como afiliado e como membro electo do Consello Xeral.

Bermejo renuncia tamén ao seu posto como concelleiro da formación laranxa no Concello de Ourense pasándose ao grupo de non adscritos desde o que asevera, seguirá defendendo "os intereses e os valores" que levaron aos ourensáns a mostrarlle "a súa confianza" no 2019.

Nun escrito publicado en redes sociais, Bermejo expuxo que o proxecto de Ciudadanos do 2014 era un proxecto de "centro e liberal", que a día de hoxe "dista moito" daquel polo que se afiliou. Así, lamentou que "pasou de ser un proxecto ilusionante a ser unha muleta máis de --Pedro-- Sánchez e a súa banda".

Nesta mesma liña, Laureano Bermejo sinalou que as "múltiples estratexias erráticas" dos últimos meses, tanto na dirección autonómica como nacional, levaron a Ciudadanos a "unha situación de coma na que ninguén asume responsabilidades deixando morrer o proxecto".

O concelleiro ourensán incidiu na "vergoña" que lle produce que "non exista autocrítica" na formación acusando as persoas " que actualmente teñen a responsabilidade de liderar o partido" de "carecer de capacidade de admitir erros", botando a culpa "a Albert Rivera" e mesmo "aos votantes" dos "fracasos do partido". "É o colmo ter que escoitar como culpades aos votantes dos vosos fracasos, dos erros que son da líder e do seu actual equipo", sentenciou Bermejo.

O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo.
O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta