Galicia volve rexistrar catro pequenos terremotos en menos dun día

Foron en Barreiros, A Veiga, Laza e Silleda.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou entre a tarde do mércores e a mañá do xoves catro sismos de pequena magnitude que foron detectados polos medidores do Instituto Xeográfico Nacional nun intervalo dunhas 18 horas.

O último deles tivo como epicentro o municipio lugués de Barreiros, onde se produciu un tremor de magnitude 2,8 ás 13,30 horas do pasado xoves 13 de maio. Horas antes, os medidores do IGN captaran un terremoto na Veiga (Ourense) e outro en Laza (Ourense) espaciados por dúas horas durante a madrugada do mércores ao xoves.

O primeiro foi minutos despois das 04,00 horas da madrugada e o segundo ás 06,45 horas. Deles, o máis forte foi o tremor de Laza, con 2,8 na escala Richter, mentres que o da Veiga quedou en 2,0.

Todos estes episodios foron precedidos polo sismo captado en Silleda (Pontevedra) na tarde do mércores. O primeiro tamén foi o máis suave, con apenas 1,8 de magnitude.

Rexistrado un terremoto en Galicia
Rexistrado un terremoto en Galicia | Fonte: INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta