A compravenda de vivendas sobre un 46% este marzo ao compararse co inicio do confinamento

O aumento do 46% é 12 puntos superior ao avance no país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a compravenda de 1.769 vivendas en marzo de 2021, o que supón un alza marca do 46% en comparación con marzo de 2020, mes do inicio do confinamento pola pandemia, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este incremento está uns 14 puntos por encima da media española de avance (+32,4%). O incremento galego é o quinto maior entre comunidades. Á cabeza está Madrid (+59,2%). A maior parte das compravendas correspondéronse con vivenda libre (1.694), fronte á protexida (75); e con vivenda usada (1.368) fronte á nova (401).

En total, transmitíronse 3.766 vivendas: 1.769 por compravenda, 1.007 mediante herdanzas, 46 a través de doazóns e seis permutas, xunto a 938 operacións doutro tipo. En conxunto, as leiras transmitidas foron 11.229, un 42,2% máis que un ano atrás, o que supón 514 por cada 100.000 habitantes. Foron 4.041 rústicas e o resto, urbanas: 3.766 vivendas, 234 solares e 3.188 doutra clase.

DATOS ESTATAIS

A compravenda de vivendas subiu un 32,4% o pasado mes de marzo en relación ao mesmo mes de 2020, o seu maior incremento desde o inicio da serie (2007), ata sumar 47.332 operacións, a súa cifra máis alta desde xullo de 2019, segundo informou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Evolución da compravenda de vivendas en Galicia en febreiro. EPDATA
Evolución da compravenda de vivendas en Galicia en febreiro. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta