Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 12:09
O patrimonio do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e os 11 conselleiros que conforman o seu Goberno supera os 2,4 millóns de euros. Con todo, a débeda que declaran no seu conxunto os membros do Codnsello da Xunta --fóra das titulares de Política Social, Fabiola García, e Infraestruturas, Ethel Vázquez-- alcanza unha contía que se aproxima á metade do valor do seu patrimonio: máis de 1,1 millóns.
Así o reflicte o anuncio que, no marco das obrigas da normativa de transparencia, publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG). En todo caso, fóra dos novos conselleiros 'fichados' por Feijóo e que non concorreron nas listas populares das eleccións de xullo (Julio García Comesaña --titular de Sanidade-- e María Jesús Lorenzana --responsable de Emprego e Igualdade--), as súas declaracións de bens están actualizadas desde outubro de 2020 na web do Parlamento.
En todo caso, o anuncio que publica o DOG ratifica que o presidente galego declara o maior patrimonio do seu Executivo, dado que o valor dos seus bens ascende a 551.933,95 euros. Pero tamén consigna no apartado de pasivo (créditos, préstamos e outras débedas) 238.000 euros.
De feito, só declara unha débeda maior que el a conselleira Lorenzana (con 259.952,86 na casa de pasivo) e o segundo patrimonio máis elevado do Goberno (350.928,965 euros, entre bens inmobles e doutro tipo). No polo oposto, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a única xunto co vicepresidente Alfonso Rueda que acompaña a Feijóo no Executivo desde 2009, declara o patrimonio máis baixo (cun valor de 78.150,07 euros) e un pasivo de 50.865,96.
As únicas que non declaran débeda son Fabiola García e Ethel Vázquez, aínda que a cantidade nno 'debe' da responsable de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, tamén é menor: 5.276,77 euros. O patrimonio total de Vázquez ascende a 177.708,86 euros; mentres o de Fabiola García supera os 122.000 euros e o de Ethel Vázquez sitúase en 144.330 euros.
García Comesaña, a outro fichaxe nova do Executivo tras os últimos comicios, declara un patrimonio total de 97.736,37 euros, e débedas por case 139.000.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.