Case un cuarto da poboación galega está plentamente vacinada

Galicia conta con 1.057.344 persoas vacinadas con polo menos unha dose, 30.569 máis que hai 24 horas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

Os galegos que contan coa pauta vacunal contra a covid-19 completa sitúanse no total de 517.313 nunha xornada na que o Servigo Galego de Saúde (Sergas) alcanzou as 1.563.994 doses administradas, o que representa o 95,07% das doses recibidas.

Segundo os datos actualizados este venres no 'Cronómetro de vacinación' ofrecido pola Consellería de Sanidade, os galegos xa inmunizados son o 21,89% da poboación a vacinar. Nas últimas 24 horas, completaron a súa vacinación outras 3.088 persoas. Ademais, ata a data administráronse no conxunto de Galicia 1.563.994 dose --30.569 máis que a xornada anterior-- das 1.645.165 recibidas --25.500 máis no último día--, o 95,07%.

En canto aos grupos de poboación, por condición de vulnerabilidade recibiron polo menos unha dose 12.809 persoas de alto risco --84 máis que hai un día-- e 3.181 teñen xa a pauta completa --1.785 máis--. Mentres, das persoas dependentes non institucionalizadas recibiron polo menos unha dose 16.861 --37 máis-- e completaron a pauta un total de 14.726 --163 máis fronte ao día anterior--.

Fila de pacientes que esperan tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021. Rosa Veiga - Europa Press
Fila de pacientes que esperan tras recibir a primeira dose da vacina AstraZeneca no recinto de Expourense, a 6 de abril de 2021. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta