Así serán as probas nos locais nocturnos: PCR nos grandes e aforo reducido nos pequenos

Terán lugar en dúas discotecas e catro locais máis pequenos, con rexistro de clientes, e non superarán o mil persoas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/05/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Deica pouco menos dun mes, o 12 de xuño, Galicia testará o seu protocolo de reactivación do lecer nocturno con seis probas piloto noutros tantos establecementos que contarán con medidas como aforamentos reducidos, rexistro de clientes, medidores de CO2 e probas PCR para os locais máis grandes.

Así o acordaron a Xunta e o sector durante unha reunión mantida este venres por videoconferencia e na que se pechou tanto a data como os detalles desta proba piloto. En total, estenderase a seis establecementos: dúas discotecas, cunha superficie maior de 1.500 metros cadrados, e catro locais de lecer nocturno de menor tamaño. Estarán situados en distintos puntos de Galicia con niveis de restrición medio-baixos --A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense--.

Os locais deberán contar con medidores de CO2 e normas como o uso da máscara excepto para consumir, así como controis de acceso e rexistro de clientes, que se gardará tres meses.

Segundo explicou o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, os aforamentos serán os do resto da hostalaría: 50 por cento en interiores e 75 por cento en terraza, se a teñen. Así mesmo, e dado que un dos locais conta cun aforamento moi elevado, neste caso limitarase a asistencia a 1.000 persoas. Tamén coincidirán coa hostalaría en horarios: non se superará as 1,00 horas da madrugada.

Como requisito de seguridade adicional aos anteriores, o acceso ás dúas discotecas, que contan con aforamento máis elevado, será mediante invitación e cunha PCR negativa.

PECHADO POR DECISIÓN DE MADRID

En canto á posta en marcha real destes protocolos, Alfonso Rueda lembrou que "o lecer nocturno está pechado por unha decisión a nivel nacional" e garantiu que Galicia "vai respectar o acordo xeral, con independencia de que haxa moitas voces reclamando que se reconsidere".

No entanto, defendeu que a realización deste tipo de probas piloto son unha forma de "gañar tempo", para que "cando se permita a reactivación" empezar a funcionar "con todas as precaucións".

Reunión entre a Xunta e os representantes do lecer nocturno.. XOÁN CRESPO
Reunión entre a Xunta e os representantes do lecer nocturno.. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta