A Deputación de Pontevedra busca "reactivar a provincia" cun orzamento que ascende a 47,2 millóns

A presidenta da Deputación, Carmela Silva explicou que o plan pretende dinamizar a economía e colaborar na recuperación tras a pandemia, activando "avanzando na consecución dos obxectivos da axenda 2030".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra presentou este venres o 'Plan de Investimentos Públicos para a Reactivación' da provincia, que supón "o maior investimento da historia" da entidade e que que se eleva ata os 47,2 millóns de euros.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente, César Mosquera, presentaron o documento. Mosquera destacou que o orzamento, con esta incorporación, "chega aos 215 millóns de euros" e valorou que están "francamente contentos" con esta proposta "polo que implica sacar adiante un plan destas dimensións". "Queremos que o impacto na economía sexa xa, que os proxectos se desenvolvan en 2021", engadiu Mosquera.

Carmela Silva explicou que o plan pretende dinamizar a economía e colaborar na recuperación tras a pandemia, activando "políticas anticíclicas, máis dotacións e equipamentos sustentables nos concellos e avanzando na consecución dos obxectivos da axenda 2030" e nas liñas mestras definidas para os fondos europeos Next Generation. "Non queriamos esperar, porque a provincia de Pontevedra non pode esperar", insistiu Carmela Silva,

PROGRAMAS

Este Plan de Investimentos Públicos contempla dous programas. O primeiro é o denominado 'ReacPon Deputación' dotado de 27,2 millóns de euros para transformar os servizos e as dotacións da propia administración provincial cos criterios de modernización, sustentabilidade, dixitalización. Financiarase con remanentes da institución que se aprobarán no próximo Pleno.

Os obxectivos deste plan son un maior investimento nas estradas provinciais (2 millóns de euros), un maior investimento nos concellos (3,4 millóns), unha aposta polo Museo de Pontevedra (4,4 millóns), a restauración ambiental da Xunqueira de Alba (3 millóns de euros), o Plan Revitaliza de compostaxe (2,3 millóns), a mellora enerxética e dixitalización das edificacións provinciais (600.000 euros).

Tamén unha maior aposta polo emprego e pola cohesión social, novos instrumentos para a dinamización cultural e deportiva, mecanismos para a implantación do teletrabajo e a aposta pola cooperación transfronteiriza. "O que imos facer no plan na Deputación é aplicar nesta administración todo o que estamos a aplicar aos concellos. Aproveitamos esta oportunidade para avanzar á vez", engadiu.

REACPON CONCELLOS

O segundo programa é 'ReacPon Concellos' ao que se destinan 20 millóns de euros, que requirirán dunha operación de endebedamento que irá ao próximo xunto coas bases deste plan. "É o momento de ser valentes e de pór recursos a disposición da cidadanía", sinalou Carmela Silva.

Neste segundo plan inclúense tres vías, a rehabilitación de edificios e instalacións municipais, a construción de novos equipamentos e dotacións e a recuperación, mellora, urbanización ou reurbanización de espazos públicos co obxectivo de darlles un uso plural e amable e de fomentar a estancia e as mobilidades alternativas. César Mosquera indicou que "os concellos terán que cofinanciar en función do seu tamaño e capacidade económica".

Carmela Silva e César Mosquera. DEPO
Carmela Silva e César Mosquera. DEPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta