A Xunta considera agora que a lei de cambio climático é "pouco ambiciosa" e prexudica a dinamización da costa

"Aínda que é certo que de oficio non van ir á retroactividade, aquelas industrias que se lles deu a prórroga de 75 anos están en desconformidade coa lei", apuntou a conselleira Ángeles Vázquez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegurou este venres que a nova lei estatal de cambio climático é "moi pouco ambiciosa" e que, entre outras cuestións, prexudica a dinamización económica da costa.

Neste sentido, afeou que "non cumpre nin sequera cos parámetros e directrices da Unión Europea", que establece unha redución do 55% dos gases de efecto invernadoiro en 2030. "No caso desta lei que acaba de aprobar o Goberno, tan só fálase dun 23% en 2030 e Galicia xa superou eses datos no primeiro ano de estratexia", dixo Ángeles Vázquez, que lamentou que España non copiase a estratexia galega.

Por outra banda, admitiu que existe "desolación" en Galicia por unha norma que "modifica a lei de costas sen achegar absolutamente nada ao medio ambiente e ao cambio climático". Con iso, "reduce substancialmente os anos que pode estar instalada unha industria na costa" e "crea unha gran inseguridade xurídica" a plantas que teñen concedida unha prórroga, como Ence.

"Aínda que é certo que de oficio non van ir á retroactividade, aquelas industrias que se lles deu a prórroga de 75 anos están en desconformidade coa lei", apuntou a conselleira.

Finalmente, fixo fincapé en que Europa establece que, ademais do seu papel ambiental e social, a costa ten un aspecto de "dinamización económica", que "non se ve cumprido en absoluto nesta lei".

Cambio climático
Cambio climático | Fonte: WWF España

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta