Ciudadanos Ourense esixe a Laureano Bermejo a súa acta de concelleiro tras deixar o partido

José Araújo cre que a súa marcha forma parte dun "plan urdido por altas instancias por xente que está a tentar rebentar a organización

Por E.P. | Ourense | 14/05/2021 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O coordinador de Cidadáns en Ourense, José Araújo, esixiu a Laureano Bermejo que entregue a súa acta de concelleiro tras o seu anuncio de que deixará o partido. O que fora secretario da organización autonómica de Ciudadanos anunciaba a través das súas redes sociais que deixaba a formación laranxa tanto como afiliado como a súa praza no Consello Xeral.

O concelleiro de Ciudadanos en Ourense, José Araújo
O concelleiro de Ciudadanos en Ourense, José Araújo | Fonte: Ciudadanos.

Ante esta situació, José Araújo, o único concelleiro de Cs actualmente en Ourense, compareceu ante os medios acompañado de parte da directiva do partido na provincia para solicitar que Bermejo entregue a súa acta de concelleira e para trasladar desde a organización "unha mensaxe de normalidade".

Araújo asegurou que a decisión de Bermejo foi unha "sorpresa" e cre responde a "unha guerra interna" deste co partido.

"É un plan urdido por altas instancias por xente que está a tentar rebentar a organización", afirmou Araújo.

O edil aseverou que entende "completamente" os problemas que poida haber coa organización dun partido pero criticou que os votos conseguidos foron dos ourensáns para representar á formación laranxa e que por iso debe deixar a acta de concelleiro, "por un exercicio de coherencia".

"Non pode ser que hai uns días Laureano estivese a pedirlle a Montse Lama, a tránsfuga de Ciudadanos, que entregase a súa acta e agora teñamos unha persoa que estivo en cargos orgánicos do partido, asinou un código ético e que coñece as claves internas e quede coa acta".

O coordinador de cidadáns en Ourense José Araújo púxose como exemplo indicando que "o que hai que facer é entregar a acta e marcharse" como fixo el mesmo ao abandonar o Partido Popular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta