O Concello da Coruña prorroga as medidas de flexibilización de terrazas na hostalaría

Por E.P. | A Coruña | 14/05/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña anunciou a prórroga das medidas extraordinarias de flexibilización para a instalación de terrazas do sector hostaleiro "co fin de axudar a este colectivo a paliar a crise derivada da pandemia".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa herculina, Inés Rey, asinan un convenio de colaboración
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa herculina, Inés Rey, asinan un convenio de colaboración | Fonte: Europa Press.

Esta semana asinouse unha nova instrución para a instalación de terrazas no espazo público durante a situación de emerxencia sanitaria. "Manteranse, por tanto, as medidas adoptadas polo goberno local para que o sector poida cumprir coa normativa sanitaria que garanta a distancia interpersoal e que permita que os negocios de hostalaría desenvolver a súa actividade de cara ao período estival".

Ademais, esta instrución inclúe unha novidade con respecto ás anteriores ditadas polo goberno local. "En concreto, todos aqueles negocios de hostalaría que dispoñan na súa fachada dunha beirarrúa de máis de 2,5 metros de ancho poderán optar pola colocación da súa terraza ou ben na propia beirarrúa ou ben nas prazas de estacionamento que coincidan coa fronte do local", explica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta