Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2021 | Actualizada ás 15:06
A Consellería de Política Social convidou ás organizacións de ámbito social a presentar plans novos e de mellora do sistema de coidados para captar fondos do programa 'Next Generation' da Unión Europea. O prazo para remitir as propostas permanecerá aberto ata o próximo 5 de xuño, data na que pasarán a ser revisadas polo Goberno autonómico.
A convocatoria foi lanzada a través da a páxina web da Xunta, baixo o título de 'Manifestación de Interese de Proxectos Autonómicos'. Nela identifícanse algúns aspectos clave con respecto á innovación e mellora do sistema de coidados como o lanzamento de proxectos piloto, transformación tecnolóxica de servizos sociais, atención á infancia no medio rural ou a loita contra a exclusión social, entre outros.
O proxecto terá que acompañarse dalgúns datos: os seus obxectivos, a súa localización, a súa planificación, estado de madurez e socios implicados, así como tamén a súa valoración económica. Ademais, Galicia presentou unha candidatura ao Compoñente 22 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, xestionado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
A proposta da Xunta ante este Ministerio é de 30 proxectos e un investimento de 164 millóns de euros divididos en tres anualidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.