12.000 bens catalogados e 120 na lista vermella... dez anos defendendo o patrimonio galego na rede
Corría o 17 de maio de 2011 cando o catálogo social en liña patrimoniogalego, que levaba meses xestándose, pasou a ser unha realidade. Dez anos despois, a que está considerada como a ‘wikipedia’ do noso patrimonio cultural vai camiño dos 12.000 bens inventariados por todo o país.