A Deputación da Coruña impulsa unha nova edición do programa "Para unha transición ecolóxica"

As actividades levadas a cabo polo proxecto están dirixidas a profesionais, especialistas, técnicos municipais e público xeral

Por E.P. | A Coruña | 18/05/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

O plan de educación, capacitación, divulgación e participación ambiental 'Para unha transición ecolóxica' arrinca cunha nova edición organizada pola Deputación da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Segundo informa a Deputación da Coruña nun comunicado, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o director do CEIDA, Carlos Vales, e o deputado responsable da área de Emprego e Transición Ecolóxica, José Ramón Rioboo, asinaron un convenio cunha achega económica provincial de 150.000 euros, o 80% do custo total da iniciativa.

Entre as actividades do proxecto figuran charlas, talleres, visitas guiadas ou exposicións itinerantes, entre outras. Con isto, pretenden ofrecer unha "ampla e variada" proposta que permita concienciar aos diferentes axentes da cidadanía e construír unha sociedade civil "capacitada e sensibilizada" sobre este tipo de problemas.

Neste sentido, realizaranse charlas sobre emerxencia climática, o problema do lixo mariño e a conservación dos océanos. Os talleres buscarán concienciar acarca do patrimonio dos parques naturais das Fragas do Eume, Corrubedo e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Doutra banda, o programa conta con sete exposicións itinerantes que tratarán a emerxencia climática, o coidado do mar e os seus ecosistemas, así como as súas áreas mariñas protexidas e as reservas de biosfera.

Co fin de desenvolver políticas adecuadas, capacitarase a técnicos municipais e políticos en materia de transición ecolóxica. A Deputación tamén porá a disposición de técnicos municipais o servizo de asesoramento e documentación ambiental do CEIDA, centro que conta co único fondo especializado no medio ambiente de toda Galicia.

A este respecto, o presidente da Deputación resaltou o labor de "capacitación e información ambiental" que se realiza desde o CEIDA, que leva a cabo un traballo "esencial para a poboación en xeral" pero tamén "para especialistas, profesionais, técnicos e técnicas e alcaldes e alcaldesas", que afirma que deben ser "coñecedores dos principais problemas" que xorden nese campo para poder darlles "a mellor solución".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Anxo Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Anxo Mato, na firma dun convenio de sobre a casa de acollida a mulleres. TORRECILLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta