O BNG lanza unha campaña contra o "grave atentado" do modelo eólico

Desenvolverase na cidade de Ourense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O BNG arrinca este martes unha campaña de información por todos os barrios da cidade de Ourense para dar a coñecer á poboación as consecuencias dun modelo eólico que, para os nacionalistas, supón "un grave atentado contra o territorio e as economías locais".

A campaña, segundo recolle o Bloque nun comunicado, iníciase a tarde deste 18 de maio coa instalación dunha carpa informativa na rúa do Paseo, a partir das 18,00 horas, ata o próximo día 28. O mércores 19 estará instalada no barrio do Couto, o xoves 20 na Ponte e o venres 21 no barrio de O Vinteún. Así mesmo, o luns 24 trasládase a Mariñamansa, o martes 25 a Barrocás, o mércores 26 a Vistahermosa e o xoves 27 a Xardín do Posío, para acabar o venres 28 en Sáenz Díez, na baixada cara ao Centro Comercial Ponte Vella.

Tal e como denuncia o BNG, os ingresos que proporciona o actual modelo eólico para os veciños afectados "son moi baixos". De acordo con cifras da formación, actualmente as persoas propietarias das terras "apenas reciben entre o 1,1% e o 2,4%" da facturación dos parques. Así, sumando os ingresos dos concellos por tributos, o beneficio é de "un 5%", polo que Galicia "é excedentaria en produción eléctrica sen apenas recibir beneficios que compensen o impacto socioeconómico e ambiental" da xeración desta enerxía, conclúen os nacionalistas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na sesión de control do Parlamento de Galicia. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na sesión de control do Parlamento de Galicia. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta