Bugallo pide responsabilidade aos mozos ante a "evolución negativa" da covid en Santiago

Asegura que os contaxios están a proliferar entre a mocidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, pediu á poboación, especialmente aos máis novos, que manteñan a "responsabilidade" ante a "evolución negativa" que presenta a pandemia do coronavirus na cidade. Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno local deste martes, o rexedor alertou de que o número de positivos por covid-19 na capital galega "están a subir". En concreto, explicou que os últimos datos que recibe por parte da Consellería de Sanidade indican un total de 76 casos activos.

Así mesmo, no que respecta á incidencia acumulada, apuntou que a 14 días é da contorna de 55 positivos por 100.000 habitantes, pero é que a sete días se sitúa en 41. Con esta evolución "negativa" das cifras, Santiago xa se atopa en "o nivel medio" de risco que establece a Xunta, entre 50 e 150 de incidencia a 15 días, cando antes estaba "por baixo dos 50".

Para Bugallo, isto implica que non se deben abandonar "as medidas de responsabilidade e de protección", sobre todo "a poboación máis nova", xa que a vacinación "está a avanzar a gran ritmo" pero "principalmente entre os maiores de 60 anos". Así, o alcalde constatou que o incremento de contaxios se observa "entre a poboación máis nova", polo que se dirixiu aos menores de 40 anos para advertirlles de que as probabilidades de transmitir a enfermidade, de contaxiarse e de ter efectos secundarios son "as mesmas" que para os maiores.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta