Localizado en bo estado o home de 93 anos desaparecido en Culleredo

Foi achado a un quilómetro da súa vivenda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/05/2021 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil e un par de veciños localizaron en bo estado este martes o home de 93 anos desaparecido desde a tarde deste luns no concello coruñés de Culleredo.

Coche da Garda Civil.
Coche da Garda Civil.

Segundo fontes do Instituto Armado, o home foi achado en bo estado de saúde a un quilómetro da súa vivenda pasadas as 13,30 horas.

Na procura participaron este martes tres patrullas da Garda Civil e catro da Policía Local de Culleredo. Ademais, ata as 10,00 horas estiveron por aire, desde a noite, drones da Axega.

O 112 indicou que o operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, comezou pasadas as 22,00 horas deste luns no lugar de Pereiro de Arriba, na parroquia de Celas.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos mediante a chamada dun familiar do home, que informou da imposibilidade de localizalo na zona. Por iso, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comunicáronllo á Policía Local e a Protección Civil do concello.

Ademais, para colaborar cos medios desprazados, a Garda Civil solicitou a saída da unidade de drons da Axencia Galega de Emerxencias, que se desprazou ao lugar e participou, ao longo da noite, nos labores de procura polas zonas próximas á vivenda do desaparecido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta