Afundación TV retransmitirá a XIX Gala Intercentros do próximo outono que será presencial e telemática

A Obra Social de Abanca colabora co Festival Intercentros desde o ano 2014 nunha iniciativa solidaria na que participan centros educativos da Coruña e a súa contorna, que traballan durante un ano en proxectos para presentar finalmente na gala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 15:24

Comparte esta noticia

A XIX edición da Gala Musical e Solidaria Intercentros 2021 será retransmitida en directo a través da canle Afundación TV co obxectivo de facilitar o acceso ao festival. A coordinadora xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Institucional de Afundación Obra Social A Caixa, Pilar Alves, e o presidente da Asociación Cultural Festival Intercentros, Rodrigo Hidalgo, asinaron un convenio de colaboración este martes.

A gala celebrarase este outono, se as condicións sanitarias o  permiten, nun formato híbrido, que combina a asistencia presencial coa telemática. Así mesmo, habilitarase unha fila 0 para que as persoas que non poden asistir ao evento teñan a posibilidade de facer unha achega solidaria a dúas asociacións, ASPACE e Cáritas. Ademais, tamén se recollerán alimentos coa axuda de persoas voluntarias das entidades colaboradoras.

Segundo informa nun comunicado Afundación, Rodrigo Hidalgo afirmou que a retransmisión en streaming permite que "desde calquera lugar do mundo se poida ver tanto o traballo que as institucións fan en favor dos colectivos máis vulnerables como a arte dos nenos e novos", ademais de constituír unha ocasión para "mostrar o rostro solidario dunha cidade como A Coruña e da sociedade galega en xeral".

Pola súa banda, Pilar Alves incidiu na importancia de "atender as necesidades de todas aquelas persoas que están en situación vulnerable" e destacou o papel da Asociación Cultural Festival Intercentros, que "anima durante todo o ano a desenvolver proxectos en beneficio da súa contorna".

A Obra Social de Abanca colabora co Festival Intercentros desde o ano 2014 nunha iniciativa solidaria na que participan centros educativos da Coruña e a súa contorna, que traballan durante un ano en proxectos para presentar finalmente na gala.

Firma do convenio de colaboración. AFUNDACIÓN
Firma do convenio de colaboración. AFUNDACIÓN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta