A evolución da pandemia no Chuac permite destinar unha planta covid a pacientes doutras patoloxías

Dende o Complexo Hospitalario tamén reclaman á xerencia "planificación e "anticiparse aos problemas"ante un posible novo colapso.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/05/2021 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) empezará a usar unha das plantas que se estaban utilizando ata agora para enfermos Covid para pacientes doutras patoloxías, segundo informaron desde o centro hospitalario.

Equipos de protección contra o coronavirus entregados ao Chuac. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Equipos de protección contra o coronavirus entregados ao Chuac. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

En concreto, precisaron que "os bos datos mantidos durante os ultímos días con respecto á evolución da pandemia, permite reverter unha das plantas que se estaban utilizando para pacientes covid" para destinala a outros enfermos. "O que conseguirá liquidar a situación que se viviu no servizo de urxencias debido a un importante repunte da demanda", indicaron nun comunicado no que lembran que se mantén o dobre circuíto covid. "E todo iso agravouse ao ser ponte", aseguraron despois de que desde a Comisión de Atención Hospitalaria denunciase un "novo colapso".

En concreto, denunciouse que nesta xornada o citado servizo "estaba superado" e que houbo que habilitar, explican, "un corredor do servizo". Por iso, reclaman á xerencia "planificación" e "anticiparse aos problemas".

Desde a xerencia e en relación a esta cuestión, incídese en que "o servizo de urxencias acaba de ser obxecto dunha ampliación con varias salas de espera novas e un espazo para consultas que entrarán en funcionamento nos próximos días".

"No entanto, e a pesar de que aínda aínda se está preparando a planta covid, xa non quedan pacientes esperando por cama", apuntan desde o Chuac sobre a situación vivida nas últimas horas, segundo a Comisión de Atención Hospitalaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta