Nace o Instituto de Economía Pública de Galicia, centrado na formación do funcionariado en materias económicas

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/05/2021 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O recentemente creado Instituto de Economía Pública de Galicia estará centrado na formación do funcionariado autonómico en asuntos relacionados coa economía e as finanzas públicas.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press.

A fundación deste novo organismo foi impulsada este martes coa rúbrica dun convenio de colaboración entre o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e a directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos.

En concreto, o desenvolvemento deste instituto de formación suporá un investimento de medio millón de euros procedentes das arcas da administración autonómica, segundo informa a Xunta.

Así, o Goberno galego destaca que o Instituto de Economía Pública de Galicia xorde "comprometido coa formación e a investigación no campo da economía e da facenda pública galega", unha meta para a cal elaborará informes e publicará estudos especializados nestas disciplinas.

Por exemplo, este novo organismo fará estudos sobre o sistema de financiamento galego, a fiscalidade ou a "simplificación administrativa", á vez que "xogará un papel importante na avaliación de proxectos e políticas públicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta