GC Aberto

Sionismo e NAZISMO, dúas caras da mesma moeda. Palestina, un xenocidio silenciado

Por admin | GCAberto | 19/05/2021

Comparte esta noticia

Sionismo e NAZISMO, dúas caras da mesma moeda. Palestina, un xenocidio silenciado.

Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza
Bandeiras de Israel e de Palestina nun enfrontamento na franxa de Gaza | Fonte: elconfidencialandalucia.com

Israel ten un dos exércitos máis potentes do mundo, conta con casi 4000 tanques, Palestina non ten ningún, cuns 400 avións militares, Palestina ningún, co mellor escudo antimisiles que esixte, Palestina está desprotexida.

O poderío militar de Israel e os medios de que dispón son infinitamente superiores aos que pode ter ao seu alcance o pobo palestino. 

Por iso cando falamos de guerra, ou de enfrontamento, mentimos, é como se un loitador profesional de máis de 100 kg de peso dese unha paliza a un neno de 4 años e dixésemos que foi unha pelexa xusta.

O sionismo é unha ideoloxía totalitaria e racista que considera a Israel o pobo elexido por Deus e entende que iso os fai superiores ao resto.

Baixo a crenza sionista da superioridade, de ser os escollidos por Deus, Israel leva a cabo en Palestina unha política xenocida, coa que tentan por tódolos medios ao seu alcance de expulsar da súa terra ao pobo palestino ou de exterminalos se se resisten ao ser condeados ao exilio obrigatorio. 

O sionismo non ten moita diferencia na práctica co NAZISMO, consideran aos palestinos un pobo inferior e neganlles a súa humanidade tratandolos peor que a animais. 

Como a Alemaña NAZI fixo co pobo xudeu, Israel aproveita a súa infinita superioridade militar para reprimir, castigar e asesinar ao pobo palestino, sen diferenciar entre homes, mulleres ou nenos.

Israel bombardea hospitais, escolas e edificios coa mesma brutalidade que os supostos obxectivos militares, non diferencian entre obxectivos civís e militares porque para Israel o obxectivo é barrer do mapa o pobo Palestino. 

Israel desoe tódalas resolucións internacionais e continúa o xenocidio dun pobo co silencio complice das organizacións internacionais e sen que ninguén faga nada para deter a barbarie. 

O xenocidio NAZI, o holocausto, é unha vergoña hoxe para a humanidade, como o vai ser mañá ter permitido o xenocidio e a limpeza étnica feita por Israel contra o pobo palestino.

Palestina, un xenocidio, unha pandemia e un pobo abandonado pola comunidade internacional. 

Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir

Continúa o silencio complice ante a barbarie, os gobernos calan e outorgan, o pobo palestino necesita aos pobos do mundo para denunciar o xenocidio. 

A agresión contra o pobo palestino é constante e cada agresión constitúe unha nova traición, outro abuso por parte do imperio ianqui o seu can de presa o sionismo. 

Israel continúa facendo ouvidos xordos a tódalas resolucións internacionais.

Donald Trump xa se encargou antes de abandonar a rastras a Casa Blanca de recoñecer unilateralmente a Xerusalén como capital e territorio de Israel.  

Vemos claramente ata qué punto o sionismo controla as decisións políticas de Washington en canto as súas políticas en Palestina e Oriente Medio. 

Unha vez mais reganse as rúas de Palestina con sangue inocente e novas humillacións ao pobo torturado de Palestina.

Onde están os organismos internacionais encargados de defender os dereitos humanos?, como sempre só están canto aos que mandan lles interesa. 

Xa nin a pensan facer o paripé de respetar certos límites, ou disimular o abandono das súas funcións. 

Quen responderá por tódala sangue derramada?. Ninguén resposta pola sangue dos ninguén, dos olvidados. 

Ninguén dirá nada poos nenos que van ser asasinados, po tódolos detidos e torturados, polas familias destrozadas, polas casas demolidas, polas detencións arbitrarias. 

A comunidade internacional volverá a dar as costas ao horror? 

Outra vez a comunidade internacional permitirá o xenocidio dun pobo?

Pois si, unha vez máis mirarán cara outro lado, se cadra nesta ocasión a desculpa sexa a pandemia.

Non podemos gardar silencio ante a barbarie, se os gobernos calan e outorgan, os pobos debemos berrar e apoiar a resistencia do pobo palestino.

Hoxe en Palestina sobrevivir segue sendo resistir. 

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

Efectivamente Gaza é o resto de territorios palestinos son o novo Gueto da Vergoña ! E nós os colaboracionistas do novo nazismo imperante ! Algo cheira a podre en Dinamarca !

2 Rui do

Conjunto de consignas disparatadas que harían las delicias de Adolf Hitler. No cabe duda, los últimos nazis no huyeron a Argentina; más bien se quedaron en Galicia.

1 Tudo bem

Certo, e fanse chamar Rui do.

1 Moine

Nom se pode descrever melhor a identidade entre Nazismo e Sionismo.