O poeta Antón Zapata García, nova incorporación á colección dixital Álbum de Galicia

Trátase dunha colección de biografías de personaxes destacados en distintos ámbitos promovida polo Consello da Cultura Galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/05/2021 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O poeta Antón Zapata García converteuse na última incorporación ao Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de personaxes destacados en distintos ámbitos promovida polo Consello da Cultura Galega.

Retrato de Antón Zapata García, 1920
Retrato de Antón Zapata García, 1920 | Fonte: Acción Gallega, n.º 6-7 (1920).

A idea deste álbum, ao que agora se suma Zapata, é dar visibilidade e perspectiva global ás persoas xa falecidas que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia.

As biografías do Álbum de Galicia están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas e contidos multimedia que permiten coñecer a obra das persoas divulgadas, pero tamén a produción intelectual existente sobre elas. Ademais, a ferramenta permite explorar a presenza das persoas biografiadas nos fondos documentais dixitalizados do Consello da Cultura Galega.

POETA NACIONALISTA E INDEPENDENTISTA

Antón Zapata García (Laxe, 1886 - Buenos Aires, 1953) foi un nacionalista e independentista que viviu a maior parte da súa vida na emigración, onde desenvolveu carreira como poeta.

Segundo o CCG, chegou a Arxentina como un emigrante máis, establecéndose na capital e traballou como empregado de comercio e tenedor de libros. Enseguida empezaría a compor versos e a escribir artigos, sobre todo de temas galegos.

Comezaba así unha intensa actividade cultural que o levaría a participar en numerosas iniciativas, como a fundación da entidade social e cultural Club Galego, xunto a Eduardo Blanco Amor; a Asociación Benéfica e Cultural (ABC) do Partido de Corcubión; ou a Institución Cultural Galega (ICG), protectora do Seminario de Estudos Galegos.

O levantamento fascista do 18 de xullo de 1936 altera a dinámica societaria en Arxentina e boa parte vaise a envorcar na solidariedade co goberno democrático republicano. A crueza da guerra civil e, sobre todo, a represión desencadeada polos falanxistas serán decisivas para que Antón Zapata se volva máis comprometido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta