O Goberno central celebra a designación da biblioteca pública de Ourense como 'Nós', en recoñecemento ao colectivo

Por E.P. | Ourense | 20/05/2021 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou que coa información da mención 'Nós' na nova designación oficial da biblioteca pública do Estado en Ourense recoñécese o valor histórico da Revista Nós e a súa repercusión cultural para a cidade e para toda a cultura galega.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acompañado do ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, intervén na súa toma de posesión
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acompañado do ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, intervén na súa toma de posesión | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), a nova denominación oficial da biblioteca, acordada tras a petición realizada pola Consellería de Cultura, será aplicable a partir deste xoves nos seus usos tanto en lingua castelá como en galego e deberá figurar no edificio, nos selos identificadores e nos impresos da mesma.

O delegado do Goberno remarcou que o centro, emprazado no conxunto do Convento de San Francisco e que supuxo un investimento total do Ministerio de Cultura e Deporte de máis de 12 millóns, converteuse nun referente cultural e arquitectónico da cidade, formando parte do complexo urbano definido polos tres edificios do Ministerio (biblioteca, arquivo e depósito do arquivo) e pola súa próximidade ao Auditorio e Palacio de Congresos de Ourense.

Conforme lembrou a Delegación do Goberno, o novo edificio da biblioteca, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta, foi inaugurado en 2019 e permitiu multiplicar a capacidade que ocupaba no seu anterior emprazamento para albergar un fondo bibliográfico de máis de 193.000 documentos e incrementar os seus servizos, contando con salón de actos, bebeteca, zona de préstamo e consulta de adultos, salas infantís e xuvenís, hemeroteca, espazos de traballo e formación e acceso a Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta