Pontón insta a Xunta e Goberno a "aproveitar a pandemia" para reducir os cocientes profesor-alumno na educación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou este venres á Xunta e ao Goberno estatal a "aproveitar a pandemia" como unha "oportunidade" para reducir os cocientes profesor-alumno no sistema educativo público.

"Hai que reducir os cocientes que hai nas aulas, porque isto xa era unha demanda de antes da covid", manifestou a líder nacionalista, a preguntas dos medios tras reunirse con representantes sindicais da comisión de centros de Atención Primaria da área sanitaria de Santiago-Barbanza.

Neste contexto, preguntada sobre o diálogo entre o Estado e as comunidades para os protocolos para o próximo curso escolar, Pontón aseverou que non pode haber "unha nova improvisación" e puxo o foco na necesidade de "manter todo o persoal de reforzo" contratado para este ano.

"Realmente a Xunta e o Goberno central si se poderían pór de acordo en algo: hai que reducir os cocientes, porque xa eran moi altas antes da covid e isto o que fixo foi evidenciar un problema. E tiñamos que convertelo nunha oportunidade para mellorar o noso sistema educativo público", resumiu a portavoz nacional do BNG.

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG en rolda de prensa este mércores. BNG
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG en rolda de prensa este mércores. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta