Ambientalistas insisten en que os proxectos eólicos deben xerar beneficios nas comunidades rurais

Nunha mesa redonda organizada por ADEGA tamén se abordaron os impactos destes proxectos na socioeconomía galega.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2021 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A falta de planificación éolica e dun plan industrial asociado ao desenvolvemento eólico produciu unha forte rexeitación e contestación social por parte da poboación galega. Así o puxo de manifesto o responsable do Observatorio Eólico de Galicia, Xavier Simón, nunha mesa redonda celebrada o pasado xoves e organizada por ADEGA sobre os impactos dos proxectos eólicos na socioeconomía galega, no rural e nas comunidades de montes veciñais en man común.

Mesa Redonda Adega - Cedida
Mesa Redonda Adega - Cedida

Con todo Simón reivindica que podemos "ver a enerxía eólica como unha oportunidade real para transformar as comunidades rurais". Margarita Camba, membro de Bierzo Aire Limpo, recalcou a necesidade dun cambio cara un modelo na que os pobos poidan xestionar os seus recursos de xeito democrático. Tamén comentou algúns dos impactos dos eólicos, entre os que destacou o socioeconómico, ao verse desprazda a gandería, agricultura, apicultura etc.

Por último, o presidente da Organzación Galega de Comunidades de Montes Veciñais, Xosé Alfredo Pereira, recordou que a maior parte dos parques xa instalados en Galicia están en montes comunais e que "deben xerar emprego e riqueza dentro da economía social e comunitaria". Destaca que o principal problema dos eólicos é como se instalaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta